Ecoturismo como estilo de vida, esa é a filosofía que aplicamos no noso día  a día na nosa casa de Turismo  Rural A Cantaruxa Maruxa.

Fai uns anos a palabra ecoturismo era unha gran descoñecida, hoxe en día cada vez máis xente ten máis en conta o coidado do medio ambiente tanto no seu día a día como nas súas vacacións.

Tamén chamado Turismo de Natureza ou alternativo é moi diferente ó turismo tradicional ou de masas, no que o primordial é a sustentabilidade  do medio e a cooperación coa poboación local.

Habitación VolvoretaA Cantaruxa Maruxa, é unha casa de turismo rural de recente apertura (agosto 2014-Vilasobroso .Mondariz),que restauramos respectando a arquitectura típica galega  e a que lle engadimos algún toque vangardista tanto no deseño interior coma na decoración.

O proxecto xurdiu case por casualidade e hoxe en día temos a sorte de ser unha das casas mellor valoradas polos hóspedes en diferentes portais turísticos.

En poucos anos conseguimos varios certificadosde excelencia Xuntáronse varios factores. Dispoñíamos da casa familiar que levaba xa uns anos valeira;nunha zona con microclima propio e

ubicada nunha situación excelente.

Contamos a escasos metros cun Ben de Interés Cultural como é o Castelo de Sobroso, unha preciosa fortaleza medieval do século IX que ademáis dunhas vistas espectaculares da zona conta no seu interior co Centro de Recuperación  Popular.

Moi preto de varios lugares de recoñecido prestixio, como o Balneario de Mondariz, o Castro de Troña, campo de golf, Pena do Equilibrio, numerosas rutas de sendeirismo…

Pena do Equilibrio , monte de A Picaraña.

Palacio del agua(Mondariz Balneario)

Valoramos en profundidade o proxecto,e foi así como decidimos dar un xiro radical na nosa vida laboral e persoal e meternos de cheo nesta nova andadura.

Sumamos todo isto  á ilusión que nos facía restaurar a casa familiar, e puxémonos mans a obra .

Decidimos facer unha restauración respectuosa co medio ambiente e coa arquitectura popular da zona , a cal unha vez rematada non interferise coa paisaxe  e se integrase perfectamente co medio .

Para iso , mantivemos a estrutura   da casa feita en pedra, para non perder o encanto nin os recordos de cando eramos  cativos.

Nos materiais empregados na reforma predominan a pedra do país e a madeira ,a cal tratamos con produtos e vernices ecolóxicos.

Incluímos pinturas ó auga no seu interior , e a maioría dos mobles son os propios  da casa .

Decidimos restauralos nos mesmos por varios motivos, por que encántanos a reutilización, para non perder a esencia, e porque o fin e o cabo son parte da historia da casa.

Suite Cantaruxa con bañeira de hidromasaxe

. Unha das ideas máis importantes para nos, era levar o noso estilo de vida ó noso proxecto , e acercar aos hóspedes a unha experiencia diferente na súa estancia . Que puidesen saborear tanto nos almorzos como nas ceas produtos ecolóxicos,da nosa horta ou de km 0.

Por iso a casa conta cunha horta ecolóxica, na cal nos volcamos para o abastecemento do pequeno restaurante.

Horta ecolóxica en A Cantaruxa Maruxa

Tito é Técnico en agricultura ecolóxica e Lorena é Licenciada en Bioloxía e xunto coa experiencia de moitos anos de Raquel intentamos aportar  o mellor de cada un de nos, para ter os mellores produtos e un bó servizo.

Por suposto todo é sano e natural e sen uso de pesticidas nin produtos químicos. Respectar o medio ambente e  coidar a terra ven collido da man.

Animamos os hóspedes que non teñen posibilidade de facelo habitualmente a que poidan participar nas labores e mantemento da horta se así o quixesen.

A nosa política medioambientalé moi clara :

  • Utilizamos produtos de limpeza respectuosos co medio ambiente.
  • Separamos os residuos para reciclar e cos orgánicos facemos compostaxe para nosa horta.
  • Usamos enerxías renovables (biomasa).
  • Compramos a granel para evitar residuos plásticos.
  • Separamos tamén os tapóns de plástico para doar a causas solidarias.
  • Iluminación interior e exterior de baixo consumo e baixa contaminación lumínica.
  • Sistemas de aforro de auga. Ademais dispoñemos dun pozo centenario , do cal nos surtimos para regar a horta e o xardín.
  • Electrodomésticos eficientes clase A++
  • Usamos folios feitos de papel reciclado .
  • Produtos da nosa horta orgánica:

Leave a Reply

You must be logged in to post a comment.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.